Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Jacobo Sutil: «Eu non domino os criterios epidemiolóxicos para dicir se algo está ben ou mal»

NEREA FERNÁNDEZ E PAULA FERREIRA

O director da Agadic, Jacobo Sutil, valora positivamente a xestión da Xunta das artes escénicas galegas

Como o propio sector reflectía na anterior reportaxe publicada pola Brincadeira, as artes escénicas galegas estaban nunha situación crítica por mor da Covid e das duras restricións que se lles impoñían desde a Xunta de Galicia, cuxas axudas tampouco alcanzaron a ser efectivas.

Afortunadamente, a situación mellorou levemente a pasada semana, cando o DOG publicou a decisión do comité clínico de ampliar o aforo permitido ao 33%. Con todo, como as compañías afirman, aínda queda moito camiño por andar para conseguir a estabilidade no sector, que mostraba precariedade xa con anterioridade.

Preguntamos a Jacobo Sutil, director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), sobre as restricións, as axudas e próximas liñas de actuación.

Despois de duras semanas para as artes escénicas galegas, finalmente púxose fin a esas criticadas restricións de 30 persoas por sala para establecer un máximo do 33% do aforo. Como valora este cambio de medidas?

Eu véxoo como un bo paso adiante para poder completar e ir incrementando os aforos co obxectivo de todos temos de que cando a pandemia pase poder recuperar o 100% dos aforos para cumprir dous obxectivos: que as empresas que van a taquilla poidan rendibilizar os seus proxectos e que o maior número de galegos posible poida asistir ás representacións de teatro.

Niveis de restrición vixentes, XUNTA DE GALICIA.

En entrevistas que realicei anteriormente acusan á Agadic de descoordinación coas autoridades sanitarias, como está sendo o traballo neste sentido?

De descoordinación coas autoridades sanitarias? (risa). Eu non domino os criterios epidemiolóxicos para poder dicir se algo está ben ou está mal. Iso é unha cuestión sanitaria e son os técnicos os que dan as súas opinións sobre as restricións en xeral. Pero bueno, despois hai cousas sobre as que tratamos de axudar, apoiar e dar a nosa opinión.

«Imos ter bastantes máis funcións que calquera outro ano, vai ser un ano récord»

Jacobo Sutil

Como valora as axudas que se ofreceron ás artes escénicas desde a Xunta de Galicia? Cre que foron as axeitadas?

Realmente o que fixemos foi non só dotacións novas, senón facilitar as reprogramacións das funcións para que non se perderan funcións. De feito, este ano sumando as funcións da rede habituais máis os programas novos que fixemos imos ter bastantes máis funcións que calquera outro ano, vai ser un ano récord nese sentido. Houbo programas de diversa índole, iso que digo de reprogramar pero tamén unhas axudas de impulso ao sector escénico que pactamos con eles nas que foron 42 as compañías que saíron beneficiadas para absorber parte dos seus custos de funcionamento facendo residente a reactivación de espectáculos e a maiores o Fondo de proxectos culturais do Xacobeo, que foron dous millóns de euros, e que tamén axudou a moitas compañías e deu moitas funcións.

Suficiente? Eu creo que a situación das empresas nunca vai ser como se estivese funcionando todo con normalidade, o que tratamos desde aquí é actuar para paliar na medida do posible os efectos negativos, pero suficientes non porque sempre vai haber unha situación que sería mellor funcionando normalmente as salas.

Como é a situación económica das compañías? Ten coñecemento dalgunha compañía que tivese que poñer fin ao seu funcionamento a raíz da crise sanitaria?

De teatro non teño coñecemento dalgunha que pechase, pode que haxa e non nos fose comunicado. As que si pecharon foron algunhas salas de concertos, por exemplo, pero non compañía de teatro. Houbo unha sala de artes escénicas que pechou, pero xa tiña pensado pechar antes.

«Eu non comparto esa visión de que estaban en precariedade antes da crise»

Jacobo Sutil

Que futuro lle augura ás artes escénicas máis aló da crise do coronavirus? Pois como os seus propios actores nos din, trátase dun sector que se atopaba en continua crise e precariedade xa con anterioridade.

Bueno, o sector das artes escénicas en Galicia ten moitísimas compañías, temos un circuíto que funciona moi ben, a Rede Galega de Teatros e Auditorios, que dá funcións por toda Galicia, temos axudas para que as empresas fagan funcións dentro e fóra de Galicia… eu non comparto esa visión de que estaban en precariedade antes da crise. O primeiro é conservar o tecido, que a xente siga traballando nesta situación e apoiar agora, axudar ás empresas que van a taquilla en xeral, en artes escénicas, na música… que coa recuperación dos aforos vaia podendo recuperarse a súa forma de traballo que é ir a taquilla e despois, unha vez que vaia pasando isto, aínda que queden medidas como a máscara ou outras similares, recuperados os aforos, que as compañías volvan a estar e a actuar con normalidade.

Jacobo Sutil, director da Agadic, acompañando ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez e Belén Pichel, presidenta da asociación Escena Galega, na presentación da programación semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios do ano 2016 (imaxe da xunta.gal)

Que plans se plantexan para iso?

Estamos a desenvolver un plan co sector da danza, hai unha Estratexia da Cultura Galega, que agora se parou pola situación da pandemia, pero que teremos que poñer en perspectiva coa nova situación que temos. A idea é seguir cuns programas continuistas e seguir pactando as axudas e os programas co sector para que cada vez haxa máis difusión e distribución das compañías de teatro galegas.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: