Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Cineuropa estrea en primicia A poeta analfabeta

Dirixido por Sonia Méndez e coa produción executiva de Nati Juncal Portas, o filme é un retrato audiovisual da poeta compostelá Luz Fandiño
A produtora Nati Juncal Portas e a directora Sonia Méndez integran Cósmica Producións, a sociedade encargada de darlle vida a este proxecto madurado a lume manso sobre unha compostelá tan brava como fascinante, a escritora e activista Luz Fandiño. A iniciativa da película foi tomada pola propia Nati Juncal, quen coñeceu a Luz Fandiño cando chegou a Compostela, aos 17 anos. Segundo as súas propias palabras: «Visibilizar figuras como a de Luz Fandiño é unha tarefa obrigada. Como produtora sinto o deber de recoller o seu discurso na súa propia voz e trasladarllo ás seguintes xeracións e ao mundo. É unha forma de agradecer ás mulleres que antes que nós pelexaron por construír o mellor mundo posible para todas».

Mariña Luz Fandiño Rodríguez, naceu en Santiago de Compostela en 1931. En 1952 emigrou a Arxentina e, logo de regresar a Galicia emigrou novamente a Francia en 1964. En 1979 retorna definitivamente a Santiago de Compostela, onde reside. É autora dos poemarios Farangulliña de neve (1998), O pracer de envellecer (2014), e Espiñas e pensamentos (2016). A escritora e activista, de 88 anos, é toda unha icona no mundo da cultura galega pola súa historia e as súas reivindicacións, que nunca abandona. A poeta analfabeta, que conta co apoio do AGADIC, celebrará a súa estrea o xoves 12 ás 20:15 h no Salón Teatro, no marco do Festival Cineuropa.

Outros filmes 
A programación do día inclúe un novo pase do filme que foi distinguido co gran premio do xurado no Festival de VeneciaNuevo Orden, do mexicano Michel Franco; e a estrea de A muller do espía, que recibiu o galardón ao mellor director na mesma mostra. Ambos os dous filmes serán proxectados no Teatro Principal ás 20:30 h e 17:30 h respectivamente. A programación do Salón Teatro complétase coa estrea, ás 17 h., de A Frenchman, a historia das aventuras dun estudante francés a fins da década de 1950 en Moscova, que pon de manifesto a fascinante esencia cinematográfica do seu director, Andrei Smirnov. Pola súa banda, NUMAX acollerá a estrea estatal de Desterro, un poético e enigmático filme de Maria Clara Escobar que tivo a súa estrea internacional no Festival de Róterdam; o último pase dunha redonda ópera prima como é La dosis, de Martín Kraut; e a estrea en primicia de Sondergut, un documental no que o seu director Sergio Sotelo analiza un iconoclasta experimento de participación cidadá promovido por unha canle televisiva estadounidense que busca promover o dereito á liberdade de expresión. 
Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: