A directora Marzena Diakun debuta coa Real Filharmonía de Galicia

O concertino da RFG, James Dahlgren, e o seu frautista principal, Laurent Blaiteau, tocarán como solistas

A Real Filharmonía de Galicia vai estar dirixida esta semana pola batuta da directora polaca Marzena Diakun, no que será o seu debut coa orquestra. O concerto celebrarase este xoves en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. Como todos os concertos da temporada, poderase seguir en directo por streaming a través da canle de Youtube e do Facebook da RFG.

Baixo o título Arañas y otros insectos, o concerto comezará coa Sinfonía en si de Claude Debussy (1862-1918), orquestrada por Tony Finno. Trátase da única sinfonía composta polo autor francés. A continuación, sonará a obra Impromptu da aclamada compositora rusa Sofiya Gubaidúlina (1931), escrita en 1996, que será interpretada polo concertino da Real Filharmonía de Galicia, James Dahlgren, e polo seu frautista principal, Laurent Blaiteau.

O concerto concluirá coa obra El festín de la araña de Albert Roussel (1869-1937), unha das partituras máis populares do autor francés. A peza narra musicalmente as peripecias dunha araña que tece a súa tela nun xardín e espera paciente a que os
insectos caian nela.

Publicado por Nerea Couso

Crecendo, aprendendo, madurando. Non importa cando leas isto.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar
A %d blogueros les gusta esto: