Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Zarauza abre hoxe as iniciativas virtuais con realizadores galegos en Cineuropa

Na xornada do xoves 12 o festival celebra a primeira das actividades paralelas: un encontro en streaming co compostelán Alfonso Zarauza, un dos premiados esta edición

Este xoves día 12, Cineuropa celebrará a primeira das actividades paralelas programadas polo festival. Trátase do encontro co compostelán Alfonso Zarauza, un dos Premios Cineuropa desta 34ª edición, que terá lugar o xoves día 12 ás 19 h. O cineasta falará sobre o vínculo da súa obra coa cidade de Santiago de Compostela. A actividade será retransmitida en directo pola canle de YouTube de Compostela Cultura e estará aberta ás preguntas do público.

Zarauza é un dos directores galegos cunha das traxectorias máis longas e prestixiosas na actualidade. Como director realizou tres longametraxes de ficción que cultivaron premios internacionais, un documental, seis curtametraxes, dúas series de ficción e máis de vinte videoclips e pezas experimentais. Nesta 34 edición de Cineuropa, poderemos ver a súa última longametraxe: Ons

A súa filmografía está fortemente vinculada a Santiago de Compostela, cidade que sabe plasmar con toda a súa beleza e singularidade. Zarauza filmou en Compostela a súa ópera prima, A noite que deixou de chover (2008), varias curtas e dúas longametraxes: Encallados(2013) e A viaxe dos Chévere (2014).   

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: