Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Xián Lois Alcayde “Os estudantes somos unha cabeza de turco moi fácil, se nos bota a culpa contradicindo os datos oficiais”

A USC conta cun amplo sistema para controlar o cumplimento dos protocolos fronte a COVID-19 que involucra a estudantes e profesorado

“O importante do voluntariado neste ámbito é ser como un bo árbitro no sentido de que un bo partido é bo cando o árbitro apenas ten que vir. O maior éxito deste voluntariado sería que tiveramos que intervir pouquísimo”, con estas palabras Xián Lois Alcayde pon o foco na responsabilidade individual dos estudantes para o cumprimento dos protocolos fronte a Covid. El é un dos máis de douscentos estudantes da Universidade de Santiado de Compostela implicados no Programa de Voluntariado fronte á Covid que busca sensibilizar e concienciar. O seu traballo é avisar, lembrar e suxerir.

A USC conseguiu desenvolver este primeiro cuadrimestre completo no escenario de “distanciamento, con formación presencial convivindo coa virtual”, o escenario dous que recolle o documento das Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial. Todo un logro se observamos outras universidades nacionais que tiveron que pechar as súas instalacións por aumentos na incidencia do virus. Xián Lois recalca que o cumprimento das normas “é fundamental para seguir tendo presencialidade nas aulas e certo grao de convivencia social nas rúas”.

Tamén José Sixto, delegado Covid da Facultade de Ciencias da Comunicación amósase satisfeito ante un “cumprimento moi bo por parte dos estudantes, do profesorado e do resto de persoal non docente” algo que, segundo el explica “que non tivésemos ningún problema para iniciar a docencia semipresencial neste cuadrimestre”. O seu traballo é “coordinar todas as accións contra a Covid na facultade e facer seguimento dos casos activos. Un traballo que, polo de agora, está dando o seu froito.

«O cumprimento foi moi bo por partedos estudantes, do profesorado e do resto de persoal non docente e iso tamén explica que non tivésemos ningún problema para iniciar a docencia semipresencial neste cuadrimestre»

José Sixto, delegado Covid da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC

O cribado da USC detectou só un 0.82% de positivos en toda a comunidade universitaria

O cribado que fora solicitado pola Consellería de Sanidade para determinar a incidencia da COVID-19 no colectivo do alumnado puxo de manifesto o “compromiso e responsabilidade do alumnado da USC que respondeu de maneira notable ao chamamento realizado” segundo apunta o reitor, Antonio López.

Este resultado puxo en xaque un discurso con cada vez máis adeptos e que culpabilizaba aos universitarios do aumento dos casos activos na área de Compostela: “temos que basearnos nos datos e o cribado da universidade non chegou ao un por cento” apunta José Sixto.

«Trátase dun discurso moi interesado e, sobre todo, moi sinxelo de facer por parte da administración pública»

Xián Lois, voluntario Covid da USC

Tamén Xian Lois é rotundo neste sentido: “trátase dun discurso moi interesado e, sobre todo, moi sinxelo de facer por parte da administración pública”, porque “os estudantes somos unha cabeza de turco moi fácil, como todo grupo vulnerable porque somos novos, non temos emprego e non temos unha capacidade de reacción forte, entón por iso se nos vota a culpa. Sen datos e contradicindo os datos oficiais”. Asegura que a preocupación non debera estar na mocidade senón nas clases sociais máis baixas “é un virus que si entende de barrios pobres e ricos: os barrios obreiros están moito máis densificados e o uso de transporte público é máis recorrente” pero apunta que “politicamente pode interesar máis” dirixir a mirada aos universitarios. Incide ademais en que é o seu punto de vista e só o traslada porque o seu traballo como voluntario é avisar, lembrar e suxerir.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: