A voz do estudantado

Coñecemos a ciencia certa cal é a versión oficial das universidades galega: notas de prensa, comunicados oficiais… Estamos cheos de ler ou escoitar sobre as consecuencias que a covid-19 está a ter no ámbito universitario galego por parte das fontes oficias das universidades e facultades da comunidade. Mais, coñecemos de veras o que pasa ao outro lado da pantalla? Por que situacións está a pasar o estudantado? Estamos sendo os medios de comunicación xustos coa xuventude?

As medidas nas facultades

Temos escoitado en moitos medios de comunicación de prensa, televisión, radio, esa teima de culpar dos rebrotes aos estudantes universitarios e a súa irresponsabilidade. Mais estas críticas son construtivas? En Brincadeira falamos con estudantes das principais universidades de Galicia para escoitar as súas reflexións sobre as medidas sanitarias que se están a tomar nas súas respectivas facultades.

Rebeca Martínez, estudante do grao en Historia na Universidade de Santiago de Compostela, conta como foi a súa experiencia ao padecer a covid en época lectiva: “La semana que me contagié tenía clase presencial, y pensé que una vez que yo avisase a la oficina covid de la USC ellos se pondrían en contacto con los alumnos con los que estuve cerca en el aula, pero no se hizo. De hecho, algunos de los profesores no estaban informados de que algunos de mis compañeros y yo estabamos en cuarentena.”

Rebeca tamén fala sobre os efectivos protocolos da súa facultade: “Es casi imposible que se dé un contagio dentro del aula, aunque sí que es cierto que a nivel académico nos están afectando mucho las clases telemáticas a la hora de elaborar apuntes o compatibilizar el horario”.

Nuria González, alumna da facultade de Ciencias da Comunicación tamén na Universidade de Santiago de Compostela remarca o comportamento exemplar dos alumnos: “Se ha demostrado que la gente xoven no era un foco de contagio y en general las normas se cumplen en las facultades”. Narra que na súa facultade non houbo ningún caso de contaxio entre estudantes e que sempre se respectaron todas as medidas. “La dificultad ha estado en la realización de trabajos en grupo o en las clases de televisión y radio que se imparten en espacios sin ventilación…” comenta Nuria.

María González, estudante de Enfermería na Universidade de Vigo, premia que se lles permita acudir ás aulas por vía telemática, dada a situación actual: “Es positivo que no se esté teniendo en cuenta la presencialidad. Además, si tienes que estar confinado, puedes tener los seminarios o talleres online. Me parece que son las medidas más adecuadas porque al final están siendo flexibles.

Na facultade de Comercio, tamén na Universidade de Vigo, Carlos García explica que todas as súas clases son presenciais, pero grazas a moitos profesores compresivos poden ter a maioría delas online: “De las asignaturas que curso, todas se imparten telemáticamente también”. Comparte cos seus demais compañeiros a impresión de que as medidas están sendo exhaustivas: “Se desinfectan todas las aulas y hay ventilación, además siempre tenemos que caminar por la derecha. Y la cafetería solo sirve para llevar.”

Todos eles coinciden en destacar o necesarias que eran as medidas e o seguros que se senten nas aulas, a pesar de que esta situación tamén estea resultando difícil para eles. Os universitarios galegos tamén sofren… Será este un síntoma máis da súa responsabilidade?

As residencias universitarias: unha prisión na túa propia casa?

Roberto González, Amanda Fernández e Sara González son estudantes da Universidade de Santiago de Compostela e residentes no Burgo das Nacións. Todos eles, conformes coa seguridade e as medidas, botan en falta o calor humano, sentimento de pertenza ou fogar. É sinxelo vivir entre tantas normas tan restritivas na túa propia casa?

O Burgo das Nacións (Foto: Antonio Hernández de El Correo Gallego)

“Pierdes la comunicación. Es muy aislante” , así responde Roberto. Sara tamén pasa por non atoparse de todo cómoda no seu propio espazo: “Es muy solitario. A veces cuesta.”

Sobre as medidas, Sara explica que tamén é complicado ter que compartir cociña xa que os horarios son moi estritos: “Tienes horarios de cocina -uno al día- asignados aleatoriamente, por lo que es difícil compatibilizar la única vez que puedes usar la cocina con las clases”.

“Desde la dirección de la residencia están en constante comunicación con nosotros, de cualquier problema que hay y también recordándonos la importancia de cumplir todas las medidas” afirma Roberto. Tamén comenta que no cribado de PCRs que se realizou no Burgo “la incidencia salío bajísima”.

Amanda explica que xa non hai espazos comúns como salas de televisión, igual que tampouco teñen permitido visitar outras habitacións.

E isto é o que máis lle afecta. Para Amanda agora o Burgo é “un alcatraz”, cando antes era o que consideraba o seu fogar en Santiago: “El significado de la palabra hogar para mí lo hacen las personas, el contacto y la convivencia y eso en la residencia ya no lo hay. Estamos solos, convivimos solos.”

Os estudantes deixaron de ter o seu propio sitio, de compartir momentos, de cociñar xuntos ou de gozar das súas conversas, para poder garantir a seguridade de todos. Un fogar no que te afastan  das persoas que queres estando a tres portas máis alá ou mesmo dous pisos máis abaixo. Isto non é máis que: responsabilidade.

Publicado por Nerea Couso

Crecendo, aprendendo, madurando. Non importa cando leas isto.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar
A %d blogueros les gusta esto: