Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

A USC abrirá ata catro bibliotecas os fins de semana e festivos

A pesar de ampliar o servizo das bibliotecas, son moitos os estudantes que consideran inviable conseguir un posto dispoñible

Achégase xaneiro, e con el o período de exames. Neste ano particularmente atípico, os estudantes universitarios están a vivir unha situación que os fai especialmente vulnerables, xa que a docencia semipresencial puxo de manifesto as carencias do sistema universitario. A isto, súmaselle xaneiro, “un dos meses máis temidos para nós”, afirma unha estudante de xornalismo na USC.

Os meses de decembro e xaneiro caracterízanse na cidade universitaria de Santiago polas longas colas de estudantes agardando ás portas das bibliotecas para poder conseguir un sitio libre, mais este ano non será así. Debido á situación provocada pola pandemia, as bibliotecas universitarias víronse obrigadas a reducir -e incluso a pechar- as súas portas, dificultándolle a moitos dos universitarios avanzar cos seus estudos.

Así pois, en calidade de mellorar a situación deste colectivo, a Universidade de Santiago de Compostela, deu a coñecer esta semana os horarios extraordinarios de apertura de bibliotecas durante as fins de semana e festivos ata o próximo 24 de xaneiro. Inicialmente, en Santiago os centros dispoñibles varían antes e despois do período de Nadal e haberá ata catro con servizo no inicio do ano 2021.

Bibliotecas dispoñibles

Biblioteca da Facultade de Xornalismo da USC. EVA FUENTES

Dende o 8 ata o 20 de decembro, as bibliotecas abertas durante as fins de semana e festivos son a Concepción Arenal e a de Económicas, mentres que entre o 2 e o 24 de xaneiro engadiranse a estas dúas as de Matemáticas e Filoloxía. O horario no cal se poderá acudir é de 10:00 a 19:30 horas. Pola súa parte, durante as vacacións de Nadal, é dicir, do 21 de decembro ao 6 de xaneiro, de luns a venres, o servizo estará dispoñible en todos os centros de 9:00 a 20:30 horas.

Con todo, hai que recordar que as salas de lectura da biblioteca Concepción Arenal estarán abertas para toda os estudantes da USC durante as fins de semana e festivos, mentres que de luns a venres está restrinxido para estudantes das facultades de Dereito, Ciencias Políticas, Relacións Laborais e Farmacias. 

Coa fin de garantir a seguridade dos estudantes, os postos de lectura están numerados e a asignación dos mesmos realízase por orde de chegada. Ademais, dende esta biblioteca situada no Campus Vida recordan que, para acceder, o alumnado debe de ter actualizada a TUI para evitar as colas.

Son moitos os estudantes que se alegran ante a apertura destas bibliotecas para poder desenvolver a súa actividade. Por outra parte, son conscientes da gran comunidade que reside na cidade compostelá, polo que algúns optan por non ir a probar sorte xa que cuns aforos tan reducidos afirman que é unha perda de tempo. 

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: