Oriana Méndez, gañadora do XVIII Premio de Poesía Afundación, recibe o seu galardón en Vigo

A poeta foi recoñecida polo súa obra INTERNA

Oriana Méndez, galardoada co XVIII Premio de Poesía Afundación, recibiu o seu recoñecemento nun acto que tivo lugar o pasado mércores ás 19.00 h na Sede Afundación de Vigo. Na entrega acompañárona a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e Luís González Tosar, presidente do Centro PEN de Galicia.

O premio, convocado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Centro PEN de Galicia, foille outorgado á escritora viguesa polo seu poemario INTERNA. Oriana Méndez recolleu o seu premio e agradeceu ás tres institucións convocantes «por daren, reunidas, a oportunidade deste recoñecemento e por favoreceren, a través del, a creación literaria na nosa lingua, é dicir, por fomentaren o miolo, o momento xerminal de toda produción artística, o momento e o proceso intransferibel, inevitábel, e no caso da literatura, tamén solitario, do acto de escritura. Cando a época vira as tornas cara á tribulación e a incerteza, é máis que nunca necesario o apoio das institucións ó acto esencial da creación».

Os versos galardoados

Sobre a súa obra premiada, Oriana explicou que «INTERNA pretende ser un acto de metamorfose ou de transición cara a un territorio de ruína, o territorio da perda que tamén é o dominio do descoñecido. E nese tránsito cara as sombras que eu fixen no proceso de escrita, da man sobre todo dos autores que cito na apertura do libro, Ingeborg Bachmann, Luis Pimentel e Carlos Oroza, nese tránsito hai un salto ou ruptura coa realidade, un internamento nun tempo e nun espazo distintos. Aínda que non completamente distintos: úneos o tempo da realidade e o tempo da poesía, úneos o fío da linguaxe. Só nela, con ela, a través dela, concibimos e creamos a realidade, concibimos e creamos tamén, a poesía. A linguaxe somos nós, e en nós está a potencia e a capacidade e a potencia de creación de mundos novos, na vida real e na vida poética, que son esferas distintas e que son tamén a mesma».

Despois da entrega, recitou unha selección de poemas da obra gañadora precedido pola proxección dun audiovisual do artista plástico vigués Ramón Trigo, escollido pola autora para ilustrar o libro premiado, inspirado na creación poética de Oriana Méndez. 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar
A %d blogueros les gusta esto: