Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

O mago Dani García porá o ramo á V edición do Festimaxia de Lousame

Nunha conversa con el fálanos das consecuencias da crise no sector da maxia, o reto dos profesionais para innovar e renovarse e do presente e futuro do ilusionismo

Xa van cinco anos desde que o Concello de Lousame presentou a súa candidatura a converterse nun novo fogar para a o ilusionismo, coa creación do Festimaxia.

Esta nova edición, do festival arrincou a semana pasada, o domingo 15 de novembro, coa actuación de Fani Triana: Igualdade, onde estás?, unha proposta na que presenta a Esperanza Marzal, unha muller nada un 8 de marzo de 1975 que desexa que no século XXI as mulleres poidan ir tranquilas pola rúa, acadar os mesmos postos de traballo que calquera persoa, etc.

Esta semana volverá o Mago Teto, xa un habitual desta cita e que presentará a súa premiada proposta Alquimia, unha actuación que o propio mago define como “unha fusión de teatro e as artes escénicas coa maxia”.

Promo de Alquimia do Mago Teto

E o ramo a esta difícil edición, debido ás medidas sanitarias impostas para este tipo de eventos, porallo Dani García, co seu espectáculo Don Gelati, onde un curioso vendedor de xeados sufrirá constantes infortunios co seu carriño. Atrancos que terá que solucionar rápido, con enxeño e moita maxia, antes de que os seus xeados se derretan.

Será o domingo 29 de novembro, ás 18:00 na Casa da Cultura lousamiá, cando e onde a maxia e humor coa participación activa de tódalas persoas que asistan, daranse a man -aínda que mantendo as distancias- con esta  proposta de Dani García que, resalta a dificultade de levar adiante iniciativas deste tipo e que recoñece que o contacto co público “cambiou radicalmente”.

É a maxia unha das ramas das artes escénicas máis esquecidas ou menos valoradas cultural e artísticamente, como afirman algunhas voces do sector?

É unha pregunta complicada. Eu penso que non. Non o sinto como tal, ou polo menos no mundo no que eu me movo. Polo meu ambiente moita máis visualización deste mundo que doutros. Aínda que probablemente non sexa así. Por exemplo, case non se ve maxia en televisión. Non teño unha resposta clara dese tema.

Durante unha actuación con Don Gelati

Vimos dunha intensa tempada de ciclos de teatro e danza e festivais de cine, porén atopar ofertas como o Festimaxia non resulta doado ou, polo menos, un festival de maxia que teña a cobertura mediática que teñen outros sectores

Claro, iso é certo. Si que hai festivais. Eu obviamente, polo meu traballo, móvome en festivais deste tipo e teño a sorte de participar en moitos e de moita embergadura en algún caso. Pero, ao mellor para o público non teñen a repercusión que teñen ciclos doutro tipo.

«O tecido amador, afeccionado ou simplemente o tecido de público habitual da maxia é moi distinto que o público doutras artes. É máis reducido»

Dani García

É certo que o tecido amador, afeccionado ou simplemente o tecido de público habitual da maxia é moi distinto que o público doutras artes. Por exemplo, para un festival de jazz hai moito afeccionado á música que pode ir velo, porque sabe tocar un instrumento, porque lle gusta algunha banda, ou porque lle gusta a música simplemente. No caso da maxia, que che guste a maxia é distinto e ten un compoñente oculto, do segredo propio, que fai que os afeccionados sexan máis reducidos e que o público, que non é mago pero que está próximo á maxia, tamén estea máis reducido.

Un estudo do Consello da Cultura Galega determinou que o sector das artes escénicas foi o que saiu peor parado desta crise. Pódese vivir hoxe en día da maxia?

Non sei se me chames dentro dun ano e che conteste a isto (risas) porque eu este ano estou tendo traballo, non o podo negar; non é o mellor ano, é certo, pero estou aguantando. Teño compañeiros que o están pasando francamente mal.

Tamén é certo que eu traballo moito en temporada estival con espectáculos de rúa, en parques e entornas ao aire libre, e este ano foi o que máis se respectou. E agora en inverno, segue habendo programacións, este é un caso, pero máis tímidas.

Teño claro que si que se resentiu o sector, pero non podo valorar ata que punto.

No eido do ilusionismo, era máis difícil sorprender e innovar antes, ou agora, que o gran público ten acceso a Internet e a moitos dos trucos que empregan os magos?

Por sorte aínda son bastante novo (risas) pero nos quince aos que levo na profesión, teño experimentado co auxe das novas tecnoloxías.

«É máis difícil agora sorprender, no sentido de captar a atención, porque estamos vivindo momentos nos que xa non é que cada minuto é ouro, xa é cada segundo»

Dani García

É máis difícil agora sorprender, no sentido de captar a atención, porque estamos vivindo momentos nos que xa non é que cada minuto é ouro, xa é cada segundo. Non podes perder tempo con nada, a xente ten outros hábitos.

Atopar información, para eles é igual de difícil que sempre porque aínda que todo sexa accesible, debes saber que queres buscar. Pero isto tamén é bo para nós, os creadores de ilusións e maxia, porque temos portas abertas a unha información tan grande, que tamén nos da a oportunidade de que o paso que da o espectador tamén o deamos nós, ou demos dous máis incluso.

Somos os principais interesados en buscar para renovarnos, os magos e os artistas en xeral, que temos que ter ese motor creador, de estar constantemente traballando en chegar a un sitio novo.

Cando comezou o seu interese pola maxia?

Pois hai unha barbaridade de anos. Eu comecei a sentir curiosidade cando tiña trece ou catorce anos. Tampouco o lembro de todo ben porque son épocas convulsas da vida dun rapaz, nas que queres aprender de todo e vivir cousas novas.

Di na súa web que de cativo soñaba con ser inventor e construír os seus propios xoguetes, e que agora deseña e fabrica os seus xogos de maxia /, coa finalidade de facer soñar a outros cativos?

Coa finalidade de facer soñar. A outros cativos e non cativos. É o bo que sinto neste traballo, porque podo facer eses enxeños ou esas cousas raras, crear ilusións que poden durar uns segundos ou pode durar eternamente na mente do espectador. E podemos facer que os cativos soñen, e que os que xa non son tan cativos tamén soñen e se ilusionen.

«Podemos facer que os cativos soñen, e que os que xa non son tan cativos tamén soñen e se ilusionen»

Dani García

Vostede pechará a edición deste ano do Festimaxia de Lousame, unha iniciativa que resiste pese as circunstancias…

A verdade é que se agradece moito que as institucións sigan apostando por iniciativas deste tipo, iniciativas que sempre son difíciles porque temos que conseguir programar ao longo do tempo, con estabilidade, facer cousas que á xente lle guste… e neste momento é aínda máis difícil porque non so xogamos con iso, senón que xogamos coa asistencia do público, os aforos ultrarreducidos…

Nós, pola nosa parte, intentamos facelo sempre o mellor posible. E intento ter espectáculos o máis controlados sanitariamente: non sacar voluntarios e non facer determinadas cousas que antes un podía permitirse e agora hai que ter cabeza e procurar non facelas para convivir en paz

Promo de Don Gelati de Dani García

Claro, porque cambiaría moito o contacto co público…

Cambiou radicalmente. Os espectáculos presenciais cambiaron moito e seguen cambiando. Eu nas primeiras actuacións que fixen ao comezo do verán, notaba ao público con medo, xa non de vir,  senón a tensión de manter aos nenos e nenas sentados na cadeira, sen poder moverse. Agora xa esa tensión foise diluíndo, a xente vai con precaución e respecto, pero estás máis tranquilo.

Ten máis datas confirmadas?

Temos algunha máis, é certo que o inverno é máis duro. Por unha parte, porque se reduciu o aforo dos espectáculos; e por outro, produce máis tranquilidade ir a ver un espectáculo cando é ao aire libre, nunha praza grande, que sabes que hai máis separación do público e demais, que facelo en espazo cerrados. A iso sumouse que, nas últimas semanas, foron endurecéndose as medidas, que é algo que tamén nos afecta.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: