Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

A biblioteca Ánxel Casal celebra a ciencia en galego con contacontos e dúas mostras bibliográficas

As actividades programadas para o mes de novembro son de balde e requiren a previa retirada dun convite


A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal súmase á conmemoración do mes de novembro como Mes da ciencia en galego nas bibliotecas para divulgar o coñecemento científico e sensibilizar ás lectoras e lectores sobre a necesidade de usar a nosa lingua na literatura científica. A programación proxectada conta con ofertas variadas para todos os públicos, incluíndo aos máis cativos, que poderán desfrutar o sábado 14 de novembro ás 12.00h dunha sesión de narración oral.

O contacontos Ciencia e tecnoloxía na volta ao mundo de Julio Verne, dirixido a nenos de entre 3 e 8 anos, escenificará unha conversa entre o escritor e un rapaz na que o primeiro lle explica como cambiara o mundo dende que el mesmo tiña a súa idade, ademais de narrar todas as aventuras que experimentou. Ao longo da viaxe irán aparecendo as diversas ramas do saber científico do momento: botánica, zooloxía, xeoloxía, mineraloxía, xeografía, astronomía, etc., ademais da realización in situ de varios experimentos.

O evento, de balde, celebrarase no salón de actos da Biblioteca Ánxel Casal coa previa recollida dunha invitación dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Por outra banda, o mércores 18 de novembro ás 19.30h convócase ao público adulto a unha charla da man do científico José Manuel Castro Tubío. No acto o investigador da Universidade de Santiago de Compostela dará resposta a todas aquelas cuestións relacionadas co cancro, poñendo especial énfase na prevención. Todo o que debes coñecer do cancro para tentar evitalo tamén se ofrece de balde coa retirada da súa respectiva invitación.

Mostras bibliográficas

Como complemento destas actividades e para completar o percorrido pola ciencia, a Ánxel Casal presenta dúas mostras bibliográficas. A primeira delas, Viaxes no tempo, poderá visitarse na hemeroteca, situada na planta baixa das instalacións. Esta recolle unha selección de obras de cómic de ciencia ficción e fantásticas baseadas en percorridos polo eixo temporal.

Ciencia en galego, unha selección de obras sobre o tema, está dispoñible no terceiro andar da biblioteca. Ademais a mostra adicada á Astronomía continúa na sala infantil ata final de mes.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: