Olaia, Aida e Sabela tratarán de achegarse neste mes de novembro a todos os ámbitos culturais grazas a conversas con profesionais como Isabel Risco, Nana, Miriam Ferradáns, Nervo, Lucía Núñez
As súas próximas citas en directo serán este venres 13 en Vilalba, o 11 de decembro en Narón e o 20 de decembro en Cerceda
Achegandose á celebración do primeiro aniversario do lanzamento de Contrapunto, Tanxugueiras, mediante esta iniciativa dixital trata de manter a súa actividade musical tanto dentro como fóra dos escenarios galegos. Durante todo este mes de novembro, o trio musical manterá as súas conversas virtuais Mira una cousiña…, nas súas redes sociais, a través das cales botan un vistazo á actualidade de man de figuras do ámbito cultural e do ocio. As invitadas deste mes serán a actriz Isabel Risco, a graffiteira Nana, a poetisa Míriam Ferradáns e o cantante de Rebeliom do Inframundo, Nervo.
Todas estas conversacións emitiranse os luns a partir das 21 horas a través dos seus perfís de Tanxugueiras nas redes sociais Facebook, Instagram e Youtube, canles nos que quedan á disposición do público para ser vistos logo da súa emisión en directo.
Dentro do marco da semana do 25 N, o Día Internacional contra as Violencias Machistas, as integrantes de Tanxugueiras conocerán a labor que desenvolven as traballadoras que conforman a Asociación de Profesionais de Centros de Información á Mujer (ASOCIM), o día 23 de novembro en Mira una cousiña… Así conversarán sobre o papel dos CIM e da situación da mujer en Galicia da man de Lucía Núñez, secretaria de ASOCIM e traballadora do CIM de Monforte.
A próxima ocasión na que poderemos desfrutar de Tanxugueiras será este venres 13 en Vilalba a partir das 20.30 horas no Auditorio Municipal, unha data que recupera o directo aprazado no mes de marzo por causa da situación pola crise sanitaria. No mes de decembro, o trío actuará o venres 11, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura de Narón, e o domingo 20 estará en Cerceda.