Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

O Campus industrial de Ferrol da UDC homenaxea cun mural a Ángela Ruiz Robles

O proxecto foi coordinado por 7H Cooperativa Cultural coa colaboración da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte

7H Cooperativa Cultural vén de desenvolver xunto a alumnado do Campus Industrial Ferrol da Universidade da Coruña o obradoiro de muralismo con perspectiva de xénero #ElasMuralistas, proxecto levado a cabo coa colaboración da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte.

O resultado é unha peza protagonizada pola mestra e inventora ferrolá Ángela Ruiz Robles, precursora do libro electrónico, coa que se busca rachar as violencias simbólicas que sustentan a invisiblización do labor feminino na ciencia, na investigación e, en xeral, no eido académico.

Nunha primeira sesión, o alumnado participante realizou unha aproximación teórica á historia da arte urbana desde unha perspectiva feminista. Nas dúas sesións restantes, os asistentes traballaron conxuntamente co equipo de 7H Cooperativa Cultural na composición do bosquexo da obra e máis no pintado da mesma. A elección de Ángela Ruíz Robles como protagonista do mural foi unánime.

Con todo, esta non é a primeira vez que a Universidade da Coruña, e máis concretamente o Campus de Ferrol, homenaxea a figura de Ruíz Robles xa que desde maio de 2019 a Biblioteca da Escola Politécnica Superior leva o seu nome.

Anuncio publicitario

Publicado por Paula Ferreira Boquete

Estudante de Xornalismo na USC.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: