Bernarda de Malasombra Producións triunfa nos María Casares

Tamén O meu mundo non é deste reino de Teatro da Ramboia leva dous premios, ao igual que Liberto, de Rebordelos

Os XXIV Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras e gañadores. Os premios foron entregados virtualmente nunha gala na rede onde dez espectáculos recibiron algún galardón.

O espectáculo Bernarda, de Malasombra Producións, acaparou o maior número de galardóns desta edición, ao levar os premios nas categorías de espectáculo, texto orixinal (Jose Prieto), actriz secundaria (Celia González) e dirección (Jose Prieto). Este último galardón, o de dirección, foi compartido ex aequo con María Peinado, directora do espectáculo O meu mundo non é deste reino, de Teatro da Ramboia, quen tamén levou o galardón á adaptación-tradución. Así, esta obra fíxose finalmente con dous galardóns, os mesmos que Liberto, de Rebordelos, que gañou nos apartados de actriz protagonista (Rocío González) e de música orixinal (Lucía Aldao). Pola súa banda, Umm! Unha comedia musical para chupar os dedos, de Avento Teatro, conseguiu o premio ao espectáculo infantil.

Outros sete espectáculos conseguiron un galardón nestes XXIV Premios de Teatro María Casares. Idiota, de Redrum Teatro, acadou o premio ao mellor actor protagonista (Machi Salgado); MedidaxMedida, de Producións Teatráis Excénctricas en coprodución co FIOT, conseguiu o premio ao mellor actor secundario (Josito Porto); Neorretranca e posmorriña, do Centro Dramático Galego, alzouse co premio de escenografía (Marta Pazos); O empapelado amarelo, de A Quinta do Cuadrante, levouno no apartado de Iluminación (Laura Iturralde); Despois das ondas, de ButacaZero, conseguiu o María Casares de vestiario (Carlos Pinilla), e Vida de Cans, de Talía Teatro, obtivo o de maquillaxe (Martina Cambeiro).

A cultura é segura

A vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Mónica García, encargouse de ler o habitual discurso que a Xunta Directiva fai público en cada entrega dos Premios María Casares. Na súa intervención, García referiuse á resposta da administración galega no eido cultural no actual contexto de pandemia: “A administración deixounos á intemperie e a Consellería de Cultura e Educación empurrounos ao baleiro sen máis rede que un Plan de Reactivación que tachamos de insuficiente, de deficitario e mesmo de imprudente. Un Plan que, en definitiva, apostou todo ou case todo á distribución sen pensar en que os gromos se ían suceder, en que os teatros se ían pechar, en que nos ían cancelar”.

Flor Maceiras, Premio de Honra Marisa Soto
Flor Maceiras no descurso de entrega de premios

Flor Maceiras recibiu o Premio de Honra Marisa Soto e, no seu discurso, agradeceu  o recoñecemento recibido e sinalou que “o teatro é un dereito da cidadanía, non un privilexio da xente que o facemos”. “E para que a xente poida exercer os seus dereitos, ten que ter acceso e ten que haber unha administración pública, local, galega, estatal, que se debe implicar no investimento”, sinalou Flor Maceiras, quen tamén quixo lembrar unha parte fundamental da estrutura teatral: a formación. “Este é un premio non tanto a min e si máis a xente que sempre estivo empeñada na formación teatral na Galiza”, rematou Flor Maceiras.

Gañadoras e gañadores por categorías:

María Casares de maquillaxe para Marina Cambeiro por Vida de Cans, de Talía Teatro

María Casares de iluminación para Laura Iturralde por O emapelado amarelo, de A Quinta do Cuadrante

María Casares de música orixinal para Lucía Aldao por Liberto, de Rebordelos

María Casares de escenografía para Marta Pazos por Neorretranca e Posmorriña do CDG. Recolle Iria Acevezo

María Casares de vestiario para Carlos Pinilla por Despois das ondas, de ButacaZero

María Casares de adaptación-tradución para María Peinado por O meu mundo non é deste reino, de Teatro da Ramboia

María Casares de actor secundario para Josito Porto por MedidaxMedida, de Mofa e Befa & Excéntricas e FIOT Carballo

María Casares de actriz secundaria para Celia González por Bernarda, de Malasombra Producións

Americana pavo chulo María Casares de actor protagonista para Machi Salgado por Idiota, de Redrum Teatro

María Casares de actriz protagonista para Rocío González por Liberto, de Rebordelos

María Casares de espectáculo infantil para Ummm! Unha comedia musical para chupar os dedos, de Teatro Avento

María Casares de espectáculo para Bernarda, de Malasombra Producións

María Casares de dirección para María Peinado por O meu mundo non é deste reino, de Teatro da Ramboia; e para Jose Prieto por Bernarda, de Malasombra, recolle Esther Aja

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar
A %d blogueros les gusta esto: