Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Codex Cinema participa na nova asociación de cinemas PROMIO

PROMIO nace como unha nova rede de cinemas independientes que defende a diversidade cultural na exhibición cinematrográfica

Este martes día 10 de decembro presentouse no marco do festival de cine europeo de Sevilla unha nova rede de cinemas independentes de nome PROMIO, co obxectivo de defender a diversidade cultural na exhibición cinematográfica, definida pola cota de pantalla dedicada a películas españolas, europeas ou de terceiros países infrarrepresentados.

O obxectivo principal da asociación é “defender esta diversificación cinematográfica, así como axudar a mellorar o sector, fomentar a versión orixinal e/ou subtitulada; potenciar a alfabetización audiovisual; impulsar medidas de estímulo económico; defender a experiencia cinematográfica nas salas á vez que fortalecer a relación co resto de sectores da creación e a industria; promover a innovación nos modelos de negocio, a tecnoloxía e contidos e defensa da sostibilidade medioambiental aplicada ás salas de cine”. Valores todos eles que marcan a traxectoria de Codex Cinema nos seus dous anos de existencia.

PROMIO, que debe o seu nome ao operador de cámara dos irmáns Lumière que rodou as primeiras películas en España, conta entre os seus primeiros socios, ademais de Codex Cinema, con Duplex (Ferrol), Numax (Compostela), Cine Estudio CBA (Madrid), Cineciutat (Palma de Mallorca), Cinemes Girona (Barcelona), Zumzeig (Barcelona), Cinema Truffaut (Girona), Cine Embajadores (Madrid) ou Cinema Edison (Granollers), así como conta co apoio da Unidade Europa Creativa MEDIA, a rede europea de cinemas independentes Europa Cinemas, e as asociacións equivalentes de países da contorna como Francia (AFCAE), Alemaña (AGKINO) e Italia (FICE).

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: