Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

O Concello de Arteixo presentará no centro cívico o 30º Certame de Narracións Breves ‘Manuel Murguía’

O prazo de inscripción ao concurso, no que se repartirán 7.000 euros entre os gañadores, xa está aberto

O Concello de Arteixo, para contribuír ao desenvolvemento da narrativa galega, celebra o 30º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía nun acto a desenvolver o día 13 de novembro ás 20:00 hs.

O acto, que será público, contará coa presenza das autoridades e incluirá a colocación dunha pancarta publicitaria no exterior do Centro Cívico Cultural de Arteixo, así como a inauguración dunha obra artística conmemorativa da autoría de Dores Polo e Benito Freire. A obra escultórica, de ferro, azulexos e case dous metros de alto será brevemente presentada polos autores.

Outorgaranse tres premios

A 30ª Edición deste certame amplía novamente a súa dotación económica ata os 7.000 euros, repartidos en tres premios. O gañador será dotado con 4.000 euros, a persoa que acade o segundo posto recibirá unha contía de 2.000 euros, e un terceiro obterá unha compensación económica de 1.000 euros.

O prazo de presentación, que remata o 28 de febreiro de 2021, xa está aberto. Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cunha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega. Os relatos deberán ser orixinais e inéditos.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: