As obras de 20 artistas galegos incorpóranse á colección do CGAC

Son 24 pezas de arte contemporánea escollidas de entre 350 propostas de case 200 artistas que concorreron ao programa de adquisición pública de arte incluída no Plan de Reactivación do sector cultural da Xunta

Un total de 24 obras de arte contemporánea de 20 artistas galegos vanse incorporar á colección do CGAC-Xacobeo, polo que se enriquecen e complementan os fondos do centro. As pezas foron seleccionadas ao abeiro do programa de adquisición pública de obra de arte incluída no Plan de Reactivación do sector cultural da Xunta de Galicia.

Trátase dun total de 24 obras (algunhas delas compostas por varias pezas) pertencentes a 20 artistas seleccionadas pola comisión de expertos creada a tal fin entre unhas 350 propostas artísticas presentadas pertencentes a uns 190 artistas. Cómpre lembrar que este programa de adquisición pública de obra de arte −dotado con 200.000 euros− púxose en marcha o pasado mes de xullo para que os artistas e as galerías de arte presentaran as súas solicitudes.

Ademais, estas adquisicións de carácter extraordinario están enmarcadas no Xacobeo 2021, potenciando a capacidade desta celebración de transformar, innovar e enriquecer Galicia. Así, fortalécese o vínculo entre o CGAC e o Xacobeo, poñendo o foco sobre a arte galega cunha continuidade no tempo que o proxecta cara os futuros anos santos, ao tempo que se integra a artistas galegos que ou ben non estaban presentes ou non suficientemente representados.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar
A %d blogueros les gusta esto: