Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

ABANCA e Afundación presentan en Xinzo de Limia a exposición fotográfica Auga. O sangue da terra

A mostra, a cal se enmarca no proxecto ‘Corrente cultural’, inaugurarase este venres 6 de novembro, ás 13.00 h, na Casa da Cultura e da Xuventude de Xinzo de Limia 

A Casa da Cultura e da Xuventude de Xinzo de Limia acolle dende este venres 6 de novembro, ás 13.00 h, a inauguración da exposición fotográfica Auga. O sangue da terra, de Manuel Valcárcel. Esta iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello de Xinzo de Limia, ABANCA e Afundación, institucións que estarán representadas no acto de inauguración coa presenza da alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama; o coordinador de Negocio Institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román; e a coordinadora institucional de Afundación para Lugo e Ourense, Beatriz Fernández-Anguiano. 

A exposición Auga. O sangue da terra realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares tan remotos como Nova Celandia, India, China, Níxer, o deserto de Atacama ou a cunca do lugués río Lor foron fotografados por Manuel Valcárcel e recollidos neste proxecto expositivo que ten como obxectivo valorar a importancia da auga como elemento vital e amosar como inflúe a presenza ou ausencia da auga nas culturas, nas paisaxes e nos ecosistemas. Esta mostra, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar ata o vindeiro 29 de novembro, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 h. 

Esta colaboración é parte do proxecto ‘Corrente cultural‘, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: