O Coronavirus protagonista do Certame de Micro-escenas Metro Cadrado

O premio do público ao Mellor Espectáculo deste ano foi para a performance, Lara Hierro: Monólgo para o corpo en movemento e o de Mellor intérprete para a actriz Iria Pinheiro

A cuarta edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, a programación de creación escénica de novos formatos e de artistas emerxentes do FIOT, escolleu a performance Lara Hierro: Monólogo para o corpo en movemento como Mellor Espectáculo deste ano, nunha edición dobremente marcada pola crise sanitaria. Por unha banda, as medidas modificaron a celebración do evento e, por outra, o mellor espectáculo reflexiona sobre o confinamento a través da súa protagonista, Lara Hierro.


Na proposta da compañía Constance Hurlé, Lara reflexiona coa súa sombra. Ela está confinada mentres a Sombra móvese libre no vento das Rías Baixas. O seu corpo bule de saudade dun tempo que non sabe se volverá nun novo tempo, unha nova normalidade chea de incertezas.


O espectáculo gañador, no que a compañía aborda a crise social e económica do momento e como esta afecta tamén ao sector cultural, desenvolveuse nas ventás e exteriores da Ludoteca Municipal. Trátase da primeira ocasión que este espazo, no que se situaba o edificio das Antigas Escolas do Xardín, acolle algunha das propostas do Metro Cadrado, nun ano no que o certame fixo uso de novas localizacións en puntos singulares da cidade, como é o caso do Salón de Plenos da Casa do Concello, no que Helena Salgueiro representou Ferro, Federici (Unha introdución). Tamén as salas de exhibición do Pazo da Cultura acolleron as estreas absolutas de propostas como Evasión ou Manuela é unha inuit. Política postocovid. Precisamente esta última entrou en relación directa cunha das pezas da exposición Pandemia. Novos retos, que acolle o Pazo da Cultura até o vindeiro 7 de novembro. Tanto a compañía Producións Sr. López coma o pintor local Antón Díaz ‘Tucho’ tiveron coma fonte de inspiración a obra A emigrante, de Luis Seoane.

Iria Pinheiro, Mellor Interpretación
Iria Pinheiro en Croquetas


O público do M2 recoñeceu á actriz Iria Pinheiro co galardón á Mellor Intepretación desta edición polo seu papel na peza Croquetas, representado o sábado 10 no Casino 1889. Casualmente a artista escolleu o Certame de Micro-Escenas como broche dourado da xira deste espectáculo, no que achega ao público as experiencias dunha muller que emigra a Alemaña na posguerra.

Nun ano excepcional, no que a organización do FIOT decidiu non celebrar a 29ª edición do festival pero si manter a escencia do mesmo, o Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado situouse unha edición máis como unha das propostas máis interesantes de apoio á creación emerxente que se desenvolven en Galicia.
Neste 2020, o FIOT recibiu un total de 48 propostas, das que seis participaron na cuarta edición do certame. As propostas gañadoras, tanto no caso do espectáculo coma da interpretación, son seleccionadas polo público mediante votación e reciben 150 euros de premio.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar
A %d blogueros les gusta esto: